Sun Records 04. 8 DeMarzo de 2008.
Despois do gran auxe que experimentou a música country nos anos corenta mediante a aparición de sub- estilos como o Honky Tonk ou o Western Swing, a irrupción o panorama musical do Rock and Roll e sobre todo a capacidade desta música para rachar con barreiras sociais e raciais fixo que o gran público deixara a country music nun plano secundario.Dúas foron as respostas para tentar combater este contratempo; O Rockabilly e máis o chamado Nashville Sound.Nesta edición de Sun Records centrarémonos nese segundo estilo musical. O Nashville Sound foi unha mudanza radical dentro da country music non só a nivel musical senón tamén estético.Por unha banda os sombreiros e traxes vaqueiros deixaron paso aos smókings e os luxosos vestidos, e os violíns e steel guitars foron substituídos por grandes orquestras e instrumentación de corda.Para o que vos fala en cada edición de Sun Records o momento álxido deste sub- estilo dentro da música Country foi o protagonizado por Jim Reeves e a súa espectacular voz, a cal se fusionaba a perfección cos instrumentos de corda e as armonías vocais dos músicos que o acompañaban (destacan aquí os Jordanaires).Gentleman Jim consegui levar a calidade das súas cancións a cotas difíciles de igualar. Hoxe en Sun Records Gentleman Jim, Jim Reeves.
He will have to go. O tema por excelencia de Jim Reeves e por extensión de todo o Nashville Sound. Era o ano 1959 e Reeves acadaba fama e recoñecemento mundial.
Mexican Joe. Recuando un pouco, este foi un dos temas polo cal as emisoras de radio comezaron a interesarse por Reeves.
According to my heart. Na mesma liña que a anterior. Comprobamos tamén os inicios honky tonk do artista.
Making Believe.
Bimbo.Para pechar este pequeno bloque adicado a Reeves un tema que pon de manifesto a repercusión mundial do cantante.Tema interpretado dende a NRK de Oslo.(Radio Nacional de Noruega).
Despois continuamos con;

Willie Nelson; Rainy Day Blues.Tema dedicado os amantes do blues e do Jazz vocal principalmente.
Marty Robbins. The Ballad of the Alamo.Un pouco de cine, un pouco de historia , e a oportunidade de falar un anaco sobre unha das personaxes máis emblemáticas de Texas; David Crockett.
Brennen Leight; MountainSide do disco Devils on my trail.Non podían faltar en Sun Records os artistas independentes, neste caso dende Austin Texas, un disco que nos trae boa country music con aires de folk irlandés.