jueves, 24 de abril de 2008

Despois de Hank ...Gram Parsons.Máis contenidos.


Sun Records. Programa 02. 9 de Febreiro de 2008.

Para este show decidín traer a un artista que me dera certa cancha para falar do contexto social e cultural que o rodeaba; a época das flores en California. O mesmo tempo cómpre destacar que nunha época de innovacións e cambios a Country Music foi parte da banda sonora da chamada Contracultura norteameicana. Foi para moitos o creador dunha corrente dentro do Country que se deu en chamar Country-Rock, que en certo modo na California dos sesenta xogou un papel semellante o Rockabilly nos anos 50; atraer público máis novo e ofrecer unha imaxe máis xuvenil da música country. Gram Parsons.

Do you know how it feels to be lonesome? Do disco Safe at home.


One hundred years from now. Do disco Sweet heart of the Rodeo (The Byrds).


Lazy Days. Do disco Burrito Deluxe (The Flying Burrito Brothers).


Sweet Virginia. Do disco Exile on Main Street (The Rolling Stones).Decidín incluír este tema dos Stones xa que considero que pon de manifesto a influencia que exercía Parsons sobre a banda británica e sobre Richards en particular

.
I will Sweep up the ashes. Do disco GP & The Fallen Angels Live 1973.

Despois continuamos con;


Franky Lane; High Noon.Versión aquí non de Tex Ritter, senón dun especialista en poñer a voz para temas de películas do oeste.


Kenny Rogers; Ruben James. Da época dos First Edition, na miña opinión cando lle chegaba o mellor material para grabar.


Poco; Stealaway. Do disco Rose of Cimarron. Se neste programa presentamos o creador do Country-Rock, nada mellor que pechar cunha das bandas que foi decisiva para a súa consolidación nos setenta. Rose of Cimarron (1976) é considerado un disco de transición entre a súa etapa máis country e a etapa pop. O tema que escollín é da súa primeira época, por suposto.

No hay comentarios: