viernes, 25 de abril de 2008

A Raíña do Country visita Sun Records.










Sun Records. Programa 03. 23 de Febreiro de 2008.

Un dos obxectivos deste espazo de radio dedicado a Country Music é romper certos tópicos e mitos que alimentan o prexuízo e a marxinación que ven sufrindo este xénero musical por estas latitudes dende hai xa ben tempo. Pois ben, coa axuda da convidada desta edición de Sun Records imos tentar tirar abaixo un deles; a crenza firme que o Country é unha música producida por e para un público masculino e machista. A Raíña do Country –como se lle coñece dentro do circuíto da Música Country- abriu o camiño cara o éxito a moitas divas posteriores como Patsy Cline, Loretta Lynn, ou Dolly Parton entre outras. Era o ano 1952 e Kitty Wells avisaba que "It wasnt God who made the Honky Tonk Angels". Kitty Wells.










Lonely side of town.






She will have to go. O feito de darlle un toque e un punto de vista feminino o gran éxito de Jim Reeves é algo digno de mención e destaque.






I am a stranger in my home . Nesta ocasión dueto con Red Foley un dos productores máis destacados en Nashville nos anos 50 e 60.






Death at the Bar. Agora co seu grupo The Tennessee Mountain Boys.

Despois continuamos con;

Merle Kilgore; Wolvertone Mountain. É de xustiza que nos lembremos deste home que finaba no mes de Febreiro de 2005.Kilgore foi quen coescribiu xunto con June Carter unha canción que traspasou fronteiras musicais na voz principalmente de Johnny Cash; Ring of Fire.






T.G Sheppard; I love them every one.






Ron Wayne Atwood; A little piece at a time. Un dos artistas independentes que máis me gustan.Esta balada que transmite ecos de Elvis Presley non falta nas súas actuacións en vivo.






Troy Cook ,JR.;You bring out the love in me. Unha gran balada interpretada por un gran baladista. Xoven talento que asegura a calidade no futuro da música country.

No hay comentarios: