jueves, 10 de abril de 2008

Sun Records consolídase pouco a puco nas ondas

Hola a todos outra vez; Tal e cómo se pode leer no título, Sun Records vai collendo pouco a pouco vida, forma, e espazo propio nas ondas todos os sábados de 22:00h a 23:00h no 98.4 da FM. Temos tamén o formato do show prácticamente definido, isto é; a apertura do programa corre a cargo dunha unha pequena reseña adicada a un icono dentro da música country-o cal me parece unha moi boa opción para poñer algo de country clásico- para despois dar paso a artistas máis independentes e descoñecidos pero cunha calidade e honestidade na súa música que quedaríades abraiados. Deste modo xa abriron Sun Records mitos como Hank Willians, Jim Reeves ou Kitty Wells e artistas tan interesantes- e o mesmo tempo descoñecidos- como Robert Mizzel ou The Little Wheels Band.Sen esquecer algunha vella gloria (dito no mellor sentido da palabra) como Doug Kershaw ou Merle Kilgore. Pronto porei no blog os contidos de todos os shows. Paciencia.



Xerardo Fernádez.

No hay comentarios: